"A ONDE CHEGAREMOS, QUE SERA DE NOS"; afirma unHa señora nunha tenda, un dia normal de compras, mentras outra señora espera na cola, respondelle: "Se as empresas grandes teñen problemas que faremolas pequenas"
Unha verdade coma un mundo, hai un problema, e a solución non é doada. A xente ten medo, non sabe falar doutra cousa. Fai tempo falabase do tempo, que se chovia, que se ía frio,... agora o tema xa sae solo A CRISE.
Os bancos cerraron o grifo, a xente segue coas inversións ás costas e o resultado un crevadeiro de cabeza sen fin. As empresas obtan por pechar, lóxico xa que gañan moito mais. Os medios de pago volven anos atras, cartos en efectivo senon nada. O pagaré finou e o cheque encontrase nun coma profundo sen saida.
En resumo, a crise estalle sacando o sono a mais de un, a vida segue, as letras chegan, os cartos non medran e TEMOS UN PROBLEMA. Cada un culpa a quen menos quere, e ó final saimos todos culpables dunha excasez multitudinaria.
Señores teñamos paciencia, é o que queda, porque para ser ladrons xa hai que sacar oposicións, e ademais, tamen estan en crise porque cando as competencias aumentan as ganancias van a menos.
O que nos queda é volver ós tempos de antes, sacha, ligón, gadaña e un par de vacas do pais!

Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados